ALAS · Studio e Space

Construímos ideas.

Reformas, obra nova, cambios de uso e servizos técnicos, da parcela á licenza.

Desenvolvemos ferramentas.

Mentoring, axentes intelixentes e modelos para que o teu estudo ou a túa empresa traballe con sistemas propios.

Un estudo de arquitectura e unha consultora tecnolóxica que traballan xuntos.

Dúas especialidades que traballan como un único equipo: Studio proxecta e Space desenvolve as ferramentas coas que se proxecta.

ALAS Studio

Proxectamos a túa obra de principio a fin.

Reformas, obra nova, cambios de uso e servizos técnicos. Contrastamos a normativa desde o primeiro día e traballamos sobre un modelo BIM: sabes que podes construír, canto custa e cando estará listo. Facturamos por fases: só pagas polo que necesitas.

Reserva a túa reunión gratuíta
Como traballamos
    Proxectos · Studio

    Así son os nosos proxectos.

    Rehabilitación dunha vivenda

    Do estado actual ao edificio rematado. Levantamos o existente, modelámolo en BIM, amosámosche a proposta en renders e percorridos antes de comezar, seguimos a obra e documentamos o resultado.

    Encargo
    Rehabilitación integral
    Proceso
    Estado actual · Modelo BIM · Renders e percorrido · Obra · Estado final
    Resultado
    Vivenda rehabilitada
    Proxecto de exemplo. Vídeos provisionais.
    ALAS Space

    Escalamos o teu estudo.

    Delega en nós o traballo que te frea e dedica o teu tempo ao que fai medrar o teu negocio. Por subscrición ou pagamento único, chegas a máis encargos cun equipo máis lixeiro e máis marxe.

    Pide a túa auditoría gratuíta
    Como traballamos
      Proxectos · Space

      Así traballan as nosas ferramentas.

      O teu estudo, automatizado de principio a fin

      Conectamos a web, a xestión interna, os axentes e o modelo BIM nun só fluxo. Cada encargo entra polo formulario e pasa só dunha ferramenta á seguinte, mentres o equipo supervisa cada paso: revisa, decide e asina.

      Entrada
      Formulario da web
      Saída
      Proxecto tramitado e pechado
      Revisión
      O equipo valida cada documento

      Axentes intelixentes

      Axentes de IA que fan por ti as tarefas repetitivas e entréganche o resultado listo para revisar. Neste exemplo, o axente de control normativo recibe unha referencia catastral, consulta o planeamento vixente, identifica a clasificación e a cualificación do solo e extrae os parámetros que se aplican á parcela. En minutos tes un informe preliminar, que un técnico revisa antes de proxectar.

      Entrada
      Referencia catastral
      Saída
      Informe urbanístico preliminar
      Revisión
      Un técnico valida cada informe

      Traballamos con

      Preguntas frecuentes

      Antes de escribirnos.

      Que diferenza hai entre Studio e Space?

      Studio fai arquitectura: proxectos, reformas, informes e tramitacións. Space axuda a estudos e construtoras a traballar mellor con axentes, modelos e sistemas propios. O que desenvolve Space próbase primeiro nos proxectos de Studio.

      Como se calculan os vosos honorarios?

      En Studio, a primeira reunión é gratuíta. Despois envíamosche unha proposta por escrito con alcance, prazo e honorarios, e facturamos por fases: só pagas polo que necesitas. En Space comezamos cunha auditoría gratuíta e logo escolles entre subscrición ou pagamento único.

      Podo contratar só unha parte do proxecto?

      Si. Podes encargar só un informe previo, un estudo de viabilidade ou unha fase concreta, e decidir despois se seguimos.

      Usades intelixencia artificial nos proxectos?

      Si, pero só ferramentas que probamos antes nos nosos propios proxectos, para axilizar os prazos e reducir erros. Todo o traballo está supervisado: un arquitecto revisa cada resultado antes de entregalo e a responsabilidade do proxecto sempre é nosa.

      Como tratades os datos?

      Segundo o RGPD e a LOPDGDD. Nesta web só gardamos o que nos envías polo formulario, para responderche, e non usamos cookies de seguimento.

      En Space, os axentes e sistemas que implantamos aplican a protección de datos desde o deseño e por defecto: sempre que é posible traballan sobre as ferramentas e contas da túa empresa, acceden só aos datos necesarios e non envían a túa información a servizos de IA que a usen para adestrar os seus modelos. Cando tratamos datos por conta da túa empresa, asinamos antes un contrato de encargo do tratamento. Tes o detalle na política de privacidade.

      Canto tarda un proxecto?

      Depende da escala e da tramitación. Dámosche o prazo por escrito na proposta, e traballar en paralelo sobre o modelo BIM permítenos acurtalo.

      Que necesitades para comezar?

      Para Studio, a referencia catastral e a documentación que teñas do inmoble. Para Space, unha auditoría gratuíta de como traballa hoxe o teu equipo.

      Necesito traballar en BIM para contratar Space?

      Non. Partimos de como traballas hoxe e propoñemos o seguinte paso.

      Contacto

      Cóntanos que necesitas.

      Respondemos en dous días laborables. Se é un estudo de viabilidade, ten a man a referencia catastral.

      Con que rama?
      Es