Contacto

Cóntanos que necesitas.

Respondemos en dous días laborables. Se é un estudo de viabilidade, ten a man a referencia catastral.

Con que rama?
Es

Preguntas frecuentes

Antes de escribirnos.

Que diferenza hai entre Studio e Space?

Studio fai arquitectura: proxectos, reformas, informes e tramitacións. Space axuda a estudos e construtoras a traballar mellor con axentes, modelos e sistemas propios. O que desenvolve Space próbase primeiro nos proxectos de Studio.

Como se calculan os vosos honorarios?

En Studio, a primeira reunión é gratuíta. Despois envíamosche unha proposta por escrito con alcance, prazo e honorarios, e facturamos por fases: só pagas polo que necesitas. En Space comezamos cunha auditoría gratuíta e logo escolles entre subscrición ou pagamento único.

Podo contratar só unha parte do proxecto?

Si. Podes encargar só un informe previo, un estudo de viabilidade ou unha fase concreta, e decidir despois se seguimos.

Usades intelixencia artificial nos proxectos?

Si, pero só ferramentas que probamos antes nos nosos propios proxectos, para axilizar os prazos e reducir erros. Todo o traballo está supervisado: un arquitecto revisa cada resultado antes de entregalo e a responsabilidade do proxecto sempre é nosa.

Como tratades os datos?

Segundo o RGPD e a LOPDGDD. Nesta web só gardamos o que nos envías polo formulario, para responderche, e non usamos cookies de seguimento.

En Space, os axentes e sistemas que implantamos aplican a protección de datos desde o deseño e por defecto: sempre que é posible traballan sobre as ferramentas e contas da túa empresa, acceden só aos datos necesarios e non envían a túa información a servizos de IA que a usen para adestrar os seus modelos. Cando tratamos datos por conta da túa empresa, asinamos antes un contrato de encargo do tratamento. Tes o detalle na política de privacidade.

Canto tarda un proxecto?

Depende da escala e da tramitación. Dámosche o prazo por escrito na proposta, e traballar en paralelo sobre o modelo BIM permítenos acurtalo.

Que necesitades para comezar?

Para Studio, a referencia catastral e a documentación que teñas do inmoble. Para Space, unha auditoría gratuíta de como traballa hoxe o teu equipo.

Necesito traballar en BIM para contratar Space?

Non. Partimos de como traballas hoxe e propoñemos o seguinte paso.